TEATRO

LIBERTO

Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Durante o parto, o neno quedou uns intres sen osíxeno. Dende ese momento, a vida fai equilibrios entre a esperanza e o medo.

Dende unha sala de espera, dúas actrices acompañadas de música en directo interpelan directamente ao público reivindicando o imperfecto, o humano e axudándonos a comprender que a propia morte é parte da vida.

Liberto é un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados. Un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo pronóstico, cheo de vitalidade.

Autoría: Gemma Brió
Dirección e adaptación: Tamara Canosa
Tradución: María Vázquez e Tamara Canosa
Escenografía e iluminación: J.M. Faro “Coti”
Son: Jas Processor
Música orixinal: Lucía Aldao
Coreografía: Rut Balbís
Elenco: Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao
Duración: 80 minutos

Dossier Breve

Dossier completo